“O triunfo de Trump, morto politicamente”. Manuel Dominguez III

12 Xaneiro 2021

Téntase invalidar a Donald Trump para que non poida exercer a política, xulgarlle, incapacitarlle, invalidarlle polo do asalto ao Congreso.

El declarou o estado de alarma no distrito de Columbia é dicir en Washington DC, aínda que se espera que os mesmos e outros máis asalten todos os capitolios dos estados da unión, aínda que o plan falláselles a imaxe da toma de posesión de Joe Biden, o día 20, ver esas imaxes de xente, pero máis que xente ver á Garda Nacional, miles tomar a cidade de Washington de seu xa é depresiva, humillante.

Queima en Tolosa

Onde eu quero chegar.

E se de igual maneira cando foi en España o movemento 15 M, estendéndose ao ocupa Wall Street, ou á primavera árabe, se o movemento insurreccional de Donal Trump estendésese fose das fronteiras USA, se se estendese como a pólvora noutros países, léase Polonia, Hungría ou Sud América, ou África do norte.

Trump como o Cid Campeador, gaño a batalla despois de morto.

Politicamente este movemento non ten longa vida, pero pode durante un tempo desequilibrar o statu quo actual.

Cando se planta unha semente, aínda que non se coide, non frutifique e morran hai algunha que prende, ese pode ser un gran problema.

Non esquecemos o “que morra a intelixencia”, “que inventen eles” nin a queima de libros non xa a de Hitler, senón aquí en casa, como mostra a foto un agosto do 36, na Coruña fronte ao Real Club Náutico, ou como mostra a imaxe 11 agosto de 1936, na Praza Zahara de Tolosa.

Así son os redneck do mundo, empézase odiando os libros, a lectura, a cultura, a arte e estas son as consecuencias.

Dixo un día Carlos Marx.

Arriba, parias da Terra!
En pé, esfameada lexión!
Atruena a razón en marcha:
é o fin da opresión.

Queima en A Coruña

E paso o que paso, hoxe Trump pode ser a chama que manteña fumarenta o facho que se apaga de D. Carlos.

Pido a Apolo, fillo de Zeus e Leto, irmán de Artemisa, róubeme a razón e nada diso ocorra.

Outros artigos

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

+

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.