O Goberno municipal de A Pobra busca unha solución á situación do servizo de pediatría no centro de saúde

08 Xaneiro 2021

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira da Sanidade, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), desprazáronse nesta mañá ata as inmediacións do centro de saúde da Pobra do Caramiñal cunha representación do PSdeG-PSOE no Parlamento galego: Julio Torrado Quintela, voceiro da Sanidade; e Noa Díaz Varela, deputada autonómica pola provincia da Coruña. O motivo foi dar traslado da situación do servizo de pediatría, no cal, segundo explicaron, atende en horario de mañá un doutor que presta atención pola tarde en Boiro, pois a especialista que conta coa praza no ambulatorio pobrense está actualmente de baixa. E a partir do 11 de xaneiro o referido doutor collerá vacacións, polo cal as crianzas menores de 3 anos deberán ser atendidas no de Ribeira ou Boiro, mentres que os cativos e cativas con idades superiores á indicada serán asumidos pola médica ou médico
de cabeceira das persoas proxenitoras correspondentes.
Por esta razón, tanto a edil coma o rexedor expresaron que dende o Concello se está na busca dunha solución coa Administración autonómica, pois Patricia Lojo sinalou que esta situación “supón un problema para tódalas familias con nenos e nenas.” Na súa intervención, o mandatario local indicou que se trata “dun tema recorrente case tódolos anos porque o servizo de pediatría se volve deficitario en moitos concellos de Galicia cando chega o período de vacacións ou se produce unha baixa.” Neste senso, incidiu en que tentará soluciona-la referida circunstancia.
En representación da delegación do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE que se desprazou ata o municipio, o voceiro da Sanidade, Julio Torrado Quintela, manifestou que “a realidade do centro de saúde da Pobra é paradigmática e clara do que está pasando no sistema sanitario de Galicia dende hai moito tempo” e anunciou que levarán ao Parlamento galego unha serie de iniciativas a este respecto para “especificamente falar da situación da Pobra do Caramiñal e demanda-la necesidade, neste caso, de que a atención de pediatría non se perda.”
Así mesmo, o alcalde e a concelleira mantiveron neste mesmo mediodía
contacto cun representante da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, dende onde se ofreceu como primeira opción a de mandar un doutor/doutora unha ou dúas tardes á semana, se ben se continuará buscando outra solución máis estable.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...