Debido á situación sanitaria no municipio de Rianxo pechado perimetralmente e co nivel máximo de restricións obriga o peche de actividades e a primeira en caer era que estaba previsto para este sábado ós Apalpadoriños, un grupo de elfos acompañados de dous monicreques de máis de tres metros de altura que ían percorrer as rúas da vila cun espectáculo itinerante o sábado. Cancións típicas da música galega, panxoliñas, cantigas de Reyes e xogos rítmicos e de movementos conformaban unha montaxe que finalmente non poderá levarse a cabo. Normalización lingüística do Concello anunciaba que o espectáculo non se celebraría por mor da situación epidemiolóxica e para evitar posibles contactos de risco de contaxio. Outras iniciativas, como o festival Titiriberia, mantéñense polo momento, pero con modificacións nos escenarios das funcións e nos aforos para garantir a seguridade dos asistentes.
Rianxo acollerá formación emprendedora para mulleres da man de Dálle que Dálle
O Centro de Innovación Social Dálle Que Dálle (Sociedade Cooperativa Galega) vai poñer en marcha en Rianxo o Programa "Emprego no Rural" coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo. Este programa consta dunha formación de 30 horas acompañada de...



