Comezan a baixar en Boiro as cifras de casos positivos e a incidencia acumulada

21 Decembro 2020

O Concello de Boiro celebrou este luns a sesión semanal da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Na xuntanza participaron o alcalde, a coordinadora de Servizos Sociais, o coordinador de Protección Civil e o xefe accidental da Policía Local. Entre outros asuntos tratouse a progresiva diminución, esta semana, do número de casos positivos e da incidencia acumulada, logo dos cribados realizados hai 14 días e da entrada en vigor das restricións máximas.

“Este descenso de casos estaba dentro do agardado, é algo moi positivo porque indica que as medidas aplicadas están facendo efecto”, afirmou o rexedor, José Ramón Romero, engadindo que “aínda resta moito por facer para seguir reducindo a curva de contaxios e que poidamos saír do nivel de máximas restricións”. O alcalde tamén fixo un chamamento á poboación: “Quero pedir a toda a cidadanía moita responsabilidade durante o Nadal para saír canto antes desta situación”. Asemade, lembrou que o municipio ten un índice de incidencia acumulado superior a mil, “e debe estar por debaixo de 100 para que se suavicen as restricións”.

En canto ao control e vixilancia da poboación, a Policía Local continúa a facer controis puntuais de entrada e saída do municipio, así como de control xeral das restricións. Na última semana impuxéronse un total de 12 sancións. 5 delas polo uso indebido de máscara, 1 por fumar na rúa sen manter a distancia de seguridade, 5 por incumprir o peche perimetral e 1 por incumprir o confinamento por contacto cun positivo. O número de denuncias efectuadas pola Policía Local dende que se decretou o nivel máximo de restricións ascende a 33.

A Comisión tamén recordou que as actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello seguen “aprazadas até novo aviso,” a expensas de como continúe a evolución da situación sanitaria. Tamén as instalacións deportivas, pistas ao aire libre e parques infantís de titularidade municipal estarán pechados “até novo aviso”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.