Novo accidente en Boiro

15 Decembro 2020

Novo atropelo, esta vez no termo municipal coruñés de Boiro que deixou unha persoa ferida na tarde de hoxe.

Segundo a información facilitada polos equipos de intervención que acudiron ao lugar do accidente, os servizos sanitarios tiveron que evacuala ao Hospital do Barbanza.

O sinistro produciuse ás 18:30 horas na Avenida de Barraña. Foi o propio condutor do vehículo quen chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento  dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.