A Policía de Rianxo denunciou 12 condutores ao abeiro dunha campaña contra o uso de alcol e drogas ao volante

15 Decembro 2020

A Policía Local de Rianxo participou entre os días 7 e 13 de decembro de 2020, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, nunha campaña de vixilancia e control de alcohol e drogas no termo municipal. A campaña saldouse cun total de 144 vehículos controlados, sendo denunciados administrativamente 12 condutores, amais de iniciarse a tramitación dun xuízo rápido a outro usuario dun vehículo. As infraccións denunciadas foron relativas á campaña e, tamén, a outras cuestións detectadas constitutivas de delito.

No seu balance, a Policía Local de Rianxo lembra que en 2020 leva tramitado 387 expedientes por infraccións de tráfico, 21 atestados por delitos contra a seguridade do tráfico, e efectuadas 490 probas de alcoholemia e 46 probas de drogas.

Amais, o pasado día 29 de novembro de 2020 instruíronse dilixencias penais contra un condutor que logo de ter chocado con elementos da vía ausentouse do lugar da Carballeira (Rianxo), sendo localizado posteriormente nas inmediacións, polo que foi posto a disposición da autoridade xudicial pola negativa a someterse ás probas de alcoholemia e presentar síntomas evidentes de ter inxerido bebidas alcólicas.

De forma paralela a esta campaña, realizáronse tamén controis relativos ao cumprimento das medidas sanitarias establecidas fronte á COVID-19, especialmente en relación co peche perimetral do Concello de Boiro, efectuándose dispositivos coordinados coa Policía Local dese concello e tramitándose 8 denuncias por infraccións ás limitacións de mobilidade e/ou non facer uso da máscara obrigatoria.

Dende que se estableceron estas medidas, tramitáronse un total de 50 denuncias.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...