Pichero homenaxe ás mulleres do mar nunha exposición en Noia

10 Decembro 2020

O Concello de Noia inaugurou este mércores a exposición fotográfica Mulleres de madeira, ferro e sal, unha homenaxe ás vidas anónimas das mulleres da nosa terra e, concretamente, “aos seus traballos silenciosos logo das duras e esgotadoras xornadas de actividade laboral no mar”.

A estrea da mostra de Victor M. Martínez Campos, Pichero, contoucoa presenza do alcalde de Noia, Santiago Freire, de concelleiras e concelleiros dos distintos grupos municipais e, tamén, de integrantes da Confraría de Noia.

O horario de visita da exposición, visíbel no Museo do Mar do Noia, é o seguinte: de luns a venres de 17.30 a 19.30 horas e sábados e domingos de 11.00 a 13.00 horas.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.