Seis novos falecidos soben a 1.287 as vítimas da COVID-19 en Galicia. O cribado de onte en Boiro detecta 9 infectados

09 Decembro 2020

As vítimas da pandemia na comunidade galega eleváronse a un total de 1.287 este mércores, tras a confirmación por parte das autoridades sanitarias de seis novos falecidos por COVID-19.

No cribado que se realizou onte en Boiro participou un 83% dos cidadáns citados e detectáronse 9 doentes infectados con COVID que eran asintomáticos.

Destas seis novas mortes, catro están relacionadas con brotes e casos rexistrados en residencias de maiores. Entre eles atópase unha muller de 100 anos e un home de 86 anos, ambos os falecidas no CHUO e procedentes do centro San Antonio de Beariz.

Así mesmo, unha muller de 85 anos e outra de 92 anos, que faleceron no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra e no CHOP, respectivamente, procedían da Residencia Soremay.

O resto de falecidos foron un home de 77 anos ingresado no CHUP e outro de 88 anos que se atopaba en atención domiciliaria en Ferrol, concretamente nas Pontes. Todos os casos presentaban patoloxías previas.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.