A rehabilitación do Pazo-Torre de Goiáns terá un custe de case un millón de euros

06 Agosto 2019

20190806 O Pazo-Torre de Goiáns será rehabilitado integralmente pola unión temporal de empresas (UTE) Proyecon Reboben González, cuxos traballos de restauración estaban programados para esta mesma semana. A contía dos labores a realizar, que se estenderán a longo do vindeiro ano e medio, será de 990.850 euros. As actuacións abranguen non só a reconstrución do edificio en si mesmo, senón que tamén se estenderán á torre anexa, un dos elementos máis sobranceiros do edificio e, en xeral, de toda a arquitectura civil galega. O proxecto inclúe o mantemento e conservación da feitura orixinal das escaleiras, os muros e a balaustrada.

O financiamento dos traballos foi posíbel grazas a un préstamo sen intereses solicitado polo Concello de Boiro ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que deberá ser devolvido durante oito anualidades (131.000 euros ao ano).

O Pazo-Torre de Goiáns, recentemente esborrallado, foi incluído, polo seu longo historial de desleixo e ruína, na listaxe vermella de bens ameazados que elabora Hispania Nostra.

Compromiso do actual equipo de Goberno

O novo Goberno local de José Ramón Romero García, Martiño, manifestou recentemente que apostará decididamente pola esperada rehabilitación e posta en valor da torre-pazo, pero cunha serie de novidades moi salientábeis. Para comezar, ten previsto un estudo para declarar tanto o edificio como á súa relevante contorna Ben de Interese Cultural (BIC).

En termos máis concretos, o novo alcalde comunicou a O Barbanza a intención do Concello de “manter a estrutura existente e dar tamén os primeiros pasos para devolver ao xardín o esplendor de antano”, ao que se sumaría unha nova liña de actividade que estaría directamente encamiñada a xerar oportunidades formativas para os colectivos locais: “Vemos moi interesante fomentar os obradoiros de emprego neste espazo”.

Entre as tarefas pendentes, recoñece Martiño, tamén figuraba a de “estudar a remodelación do equipo de Goberno anterior, xa que a modificación das paredes interiores e o tellado non foi acertada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.