A Xunta estudiará incluír a Muros na área Rexurbe

01 Decembro 2020

O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Concello de Muros e mantivo un encontro de traballo coa súa alcaldesa, Josefina Monteagudo. Na reunión repasaron os proxectos que ten
actualmente en marcha a Xunta no municipio e as necesidades derivadas do Covid-19 nos distintos servizos públicos do concello. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.

Un dos temas que centrou o encontro foi o interese da alcaldesa por incluír este concello dentro das áreas Rexurbe. A través desta nova figura o que se pretende é realizar actuacións de rehabilitación e mellora de edificacións na trama máis urbana do municipio, que incidirán sobre a situación económica e social dos ámbitos no que se actúe.
Trenor explicou que unha vez solicitada e realizada a declaración de Muros dentro do listado de concellos con área Rexurbe, o concello deberá redactar un plan de dinamización da mesma, na que se indiquen as medidas a adoptar e actuacións que se deben levar a cabo, o custe estimado das mesmas e as fontes de financiamento, público e privado, para levalas a
cabo. No caso da Xunta de Galicia, o financiamento procederá de diversos departamentos, xa que as actuacións nunha área Rexurbe son transversais e afectan a competencias de diversos departamentos.
Trenor comprometeuse coa alcaldesa a colaborar directamente para acadar este obxectivo e lembroulle o funcionamento destas áreas que en 2020 cumpriu a súa terceira convocatoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.