“Sin pescadores non hai pesca”. Antón Luaces

29 Novembro 2020

É certo, por máis que non o entendan os máis interesados en poñer o peixe por riba dos homes :  sin pescadores non hai pesca. Primeiro, os homes. E dempois a economía. Porque tampouco haberá economía sen homes. Resultado: homes e peixe parta salvar o sector pesqueiro. 
Curiosamente, o dito retrotráeme a unha entrevista realizada vai anos no programa “Españoles en la Mar”, de Radio Exterior de España, ao expresidente da Xunta e catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, Fernando González Laxe, na que sen dubidalo, este viña dicir que é perfectamente compatible a pesca coa economía tendo en conta, obviamente, o que o home -o mariñeiro ou pescador- significa tanto para a economía como para a pesca. Polo tanto, teremos que afacernos dunha vez á idea de que non haberá pesca se non hai pescadores e viceversa. Sobre todo, que esta idea trascenda a sectores que non conciben un futuro inmediato sen unha pesca rendible económicamente e que o da tripulación é un dos gastos a reducir considerablemente. Como se está reducindo xa dende anos atrás o número de tripulantes de cada barco e cada modalidade de pesca sen ter en conta moitas veces as tripulacións mínimas fixadas por lei para cada embarcación.

Non contar co home na pesca é poñerlle cancelas ó futuro, porque a pesca non pode sobrevivir ao pescador. A maior abundamento, sen pescadores tampouco pode cobrevivir boa parte da sociedade. E sen sociedade, ben podemos dicir adeus en moi pouco tempo a pobos e vilas que naceron en Galicia ao abeiro da pesca. 
Un exemplo?: o pobo no que nacín, Cariño, que nos anos 60 daba traballo á inmensa maioría da súa poboación nas máis da vintena de fábricas conserveiras e de salazón existentes  na hoxe capital municipal en cuxo porto tiñan base máis de medio cento de barcos de baixura nos que se enrolaban un promedio de quince homes que subministraban o peixe necesario ao sector conserveiro propio. Deste xeito  ben se pode dicir que Cariño vivía do mar, da pesca. Esta era abundante e daba abundante traballo a unha vila viva, puxante, que foi abrindo portas a un comercio de seu, a outras pequenas ou non tan opequenas ofertas de hostalaría, casas de turismo rural, hoteis, etc., hoxendía ameazados pola COVID-19 pero tamén -e de que xeito- pola redución ben notoria do número de barcos que a súa popular “concha” acollía daquela.
Imaxina o lector que pode ser de Aguiño, O Son, Portosín, Muxía, Fisterra, Rianxo, a propia Ribeira, Malpica, Sada, A Guarda, Portonovo, Cangas, Bueu, Celeiro, Burela, etc., etc., sin pesca?. Como afectaría esta falta de pesca a cidades tan importantes mesmo económicamente como Vigo e A Coruña?. Indubidablemente, sen pesca non hai pescadores; pero sen pescadores tampouco hai pesca. 
É imposible, alomenos para min, albiscar un futuro para Galicia no que non figuren o peixe, o marisco, os barcos de pesca e os pescadores. Compre, polo tanto, seguir a deseñar o futuro desta Nosa Terra con amplitude de miras e dende unha óptica na que sempre estean presentes a pesca e os pescadores. Non facelo así sería deseñar o inferno máis negro.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.