“De costas ao campo”. Manuel González González

27 Novembro 2020
Manuel González (*)

Chegan ata nós os lamentos daquela xente maior que dedicou gran parte da súa vida ás labores do campo, á produción de alimentos, á conservación do entorno rural, ao mantemento da riqueza etnográfica, que durante séculos creou de maneira colectiva as infraestruturas necesarias para a subsistencia alimentaria e a creación de riqueza no noso Concello e que hoxe ve como todo ese traballo de moitas xeracións estase perdendo tanto física como intelectualmente.
Campos, fincas, toxeiras, camiños, muros centenarios, casas de labranza con hórreos, pombais, parras con postes de pedra, muíños, hortas con froiteiras e verduras; todo iso que formaba parte dunha forma de vida autárquica, que contribuíu á subsistencia de moitas familias, hoxe fica abandonada e con pouco ou nulo interese en recuperar por parte das institucións.
Non obstante, aínda hai aí un gran potencial económico, cultural e social que podería axudar a complementar a nosa economía, á creación de riqueza e polo tanto á creación de emprego e revitalización do noso rural. Todo pasaría por que desde a institución máis próxima á cidadanía como é o Concello viraramos sobre as nosas costas e en vez de mirar tanto á costa como único motor da nosa economía, comezásemos a ter sensibilidade co agro e a facermos proxectos para ver a mellor maneira de rendibilizar ese patrimonio.
Estase a albiscar unha nova forma de economía baseada nunha forma de vida máis natural e ecolóxica e con maior calidade de vida (non maior poder económico) chamada xa economía verde e cuxo “nicho de mercado” como lle chaman os grandes inversores, ten máis demanda cada ano: produtos alimentarios, de saúde, de limpeza, infraestruturas ecolóxicas, enerxías renovables e infinidade de ideas que van facer e que xa están facendo que a maioría das grandes empresas incluso as máis ontaminantes teñan Departamento de Produción Bio ou Eco como valor engadido da súa produción. Tamén nas universidades estanse ofertando carreiras para a
sustentabilidade e economía verde, mesmo algún concello xa comeza a promover cursos para mozas e mozos dedicados a estes temas: agricultura e gandería ecolóxica, enerxías renovables, reciclado e compostaxe, silvicultura, aproveitamento do monte, manufacturas de alimentos,
fruticultura, apicultura, micoloxía, leite en cru, bioconstrución, vermecultura, fitocultura, deseño paisaxístico e infinidade de traballos que xiran ao redor deste tema.
Por que no noso Concello, non? Temos boa terra, auga, bo clima… por que non lle damos unha oportunidade á creación dun proxecto de futuro ao noso campo? Por que non creamos co apoio institucional unha inercia que comece a mover algo positivo no desenvolvemento do rural? Por que non pedir ideas e iniciativas á cidadanía e aos colectivos máis directamente implicados: comunidades de montes, grupos ecoloxistas, asociacións agroecolóxicas, asociacións sociais e culturais do rural… Ou esperamos a que unha mente iluminada, case que sempre de fóra, nos aguilloe e nos abra os ollos. Ou será unha quimera? O tempo diránolo!

*Manuel González González. Membro do Equipo Medioambiental de SumaRibeira


Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.