Noia Portus Apostoli FS – JERUBEX Santiago Futsal: un derbi galego para poñerse a proba

27 Novembro 2020

Imaxe cedida polo Noia Portus Apostoli FS

O Noia FS enfrontarase ó Santiago FS nun derbi correspondente á sexta xornada da Segunda División. O conxunto de Marlon Velasco recibirá a visita dos santiagueses, nun encontro que servirá para poñer a proba a ambos equipos. Os noieses tentarán seguir coa boa dinámica, e o Santiago FS procurará romper a súa mala racha.

Será o segundo derbi galego entre ámbolos dous equipos, xa que houbo un enfrontamento anterior na Copa Galicia, que rematou con empate a 0, logo de ser moi superior o Noia FS. O actual líder da competición buscará a súa sexta vitoria consecutiva para manterse no posto máis alto da clasificación, pola contra, o JERUBEX Santiago FS presentarase ó enfrontamento coa intención de atopar a primeira vitoria na Segunda División. O equipo santiagués tan só puido disputar un encontro da competición doméstica, con derrota final contra o Móstoles (1-3).

O partido terá lugar no Augustín Mourís, que acollerá a un máximo de 60 persoas a partir das 18:30 horas. O encontro, ademais, será emitido en streaming a través da canle de Youtube do Noia Portus Apostoli.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.