O BNG da Barbanza denuncia o incremento de casos de violencia contra as mulleres

25 Novembro 2020

O BNG da Barbanza reivindica o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero baixo o lema A Violencia Machista segue aí tamén en tempos de COVID. O partido sinala que “coa pandemia non se pode baixar a garda e que a loita continúa, xa que o machismo é un virus mortal para as mulleres en todo o mundo”. Nesta batalla, indican as e os nacionalistas, “está en xogo a liberdade das mulleres e o seu dereito a vivir unha vida plena”. Así o confirma a responsábel do BNG na comarca, Elvira Branco: “Temos dereito a ser libres e iguais, a estar no mundo como queiramos sen ter que pagar pola nosa liberdade, mesmo coa vida”.

A pandemia deixou entrever unha realidade: as mulleres realizan a maior parte dos traballos precarios ou invisíbeis, pero que resultan imprescindíbeis para o conxunto da sociedade (caixeiras de supermercado, coidadoras). Este é un dos motivos de denuncia, pois a COVID-19 non oculta a violencia de xénero nin o terrorismo machista que atenta directamente contra a liberdade e contra a vida da metade da poboación.

Na campaña, o BNG pon en valor a “forza” do feminismo galego para conseguir unha un mundo xusto e igualitario e formula diversas medidas que se levarán ao Parlamento Galego. Entre elas destacan unha campaña institucional de sensibilización e un plan específico para a mocidade nos centros escolares, co fin de tratar de forma específica o acoso.

Do mesmo xeito, o partido reclama á Xunta que incorpore nos orzamentos 2021 unha transferencia extraordinaria de 1,5 millóns de euros para aqueles concellos que contan cun Centro de Información á Muller. Ademais, demanda que se destine o 1% do orzamento galego para loitar contra a violencia machista e facilite a atención psicolóxica ás vítimas como un servizo de atención primaria, “sen esquecerse de garantir o funcionamento dos servizos de atención a mulleres en situación de violencia machista no caso dun novo confinamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.