Unha chea de conferencias poñen o colofón na Pobra ao segundo Ciclo Victoriano García Martí

24 Novembro 2020
Participantes no inicio do Ciclo Victoriano García Martí, a pasada fin de semana

Esta fin de semana, A Pobra do Caramiñal acollerá os últimos actos da programación do segundo Ciclo Victoriano García Martí. Así, neste venres 27 clausurarase esta edición coa conferencia Ideología y activismo en Victoriano García Martí. Una voz quebrada, da man de Arantxa Fuentes Ríos, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de coa presentación da edición facsimilar Don Severo Carballo. Del alma gallega (1917). Ámbolos actos serán no Elma, ás 20.00 horas.

As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa reserva a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981 831 662, de martes a sábado, en horario de 10.00 a 15.00 horas.

Por outra banda, a terceira convocatoria das xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo transcorrerá na tarde do sábado 28 e na mañá do domingo 29 para divulgar a historia, cultura e patrimonio do municipio.

O investigador, profesor e escritor do Barbanza Manuel Gago, nunha imaxe de Sole Felloza

A do sábado 28 será unha xornada adicada ás conferencias, con catro en total. A tarde arrancará coa inauguración desta convocatoria para dar paso ao primeiro dos coloquios da man de Manuel Gago (Palmeira, 1976), xornalista e profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Mitos e lendas da Pobra do Caramiñal. Deseguido, será a quenda de A igrexa de Santa Cruz de Lesón: 15 séculos de historia, a cargo de Antonio González, director do Museo Valle-Inclán.

Máis tarde, e tras un descanso, o historiador Anselmo López impartirá o relatorio Conflitos de poder na Baixa Idade Media no Caramiñal. A seguir, Rafael García, profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC), ofrecerá a conferencia Xullo de 1936 na Pobra do Caramiñal.

Os relatorios comezarán ás 16.30 horas no Elma e concluirán ás 19.50 horas. Será nesta ocasión cando se reparta como agasallo entre as persoas asistentes o póster As lendas do río das Pedras, do ilustrador Miguel Robledo.

Ademais, inclúese unha visita, no domingo 29, a partir das 10.00 horas, á igrexa de Santa Cruz de Lesón, ao cruceiro de San Amaro, á Aldea Vella, ao mosteiro de San Xoán da Misarela e á barca de San Amaro. Os guías serán Manuel Gago, no relacionado coas lendas e mitos, e Antonio González, no que respecta á igrexa. A duración será de ao redor de 2 horas.

As reservas para estas xornadas xa están completas, se ben as persoas interesadas poden seguir as charlas do sábado 28 pola canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal e o vídeo ficará gardado para quen desexe visualizado máis tarde.

Todas as actividades terán lugar seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.