Vida de Cans, de Talía Teatro, recala este venres en Boiro

24 Novembro 2020

O venres 27 de novembro Boiro vai acoller un novo espectáculo de Talía Teatro, a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura. Trátase de Vida de cans, unha representación destinada ao público adulto cuxas entradas estarán dispoñíbeis o mesmo día do espectáculo a partir das 17.00 horas. Novamente a capacidade do aforo será limitada, co fin de garantir a seguridade sanitaria da cidadanía. Trátase dun texto de Cándido Pazó, que tamén el mesmo dirixe, e en escena Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.

O espectáculo recrea para os espectadores a vida de tres actores-cans, tres actores que fan de cans (ou viceversa) sen deixar de ser actores, recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo e “demasiado ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados… pero recluídos a fin de contas”. Ao longo da obra, irase metendo nas súas vidas, e na dos espectadores, o gume da incerteza sobre o que pode haber fóra do recinto no que viven: a desacougante (e apaixonante) liberdade, o mundo real.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.