En Aguiño arrancan as obras de pluviais e pavimento na Rúa da Cruz

17 Novembro 2020

O Concello de Ribeira informa do inicio da actuación consistente na pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa da Cruz en Aguiño.
O pavimento desta vía, que está feito de aglomerado asfáltico, atópase en mal estado, mentres que a rede de augas pluviais resulta deficitaria ao producirse con certa frecuencia atascos e inundacións na calzada.
Para poñer solución a estas eivas, técnicos do concello redactaron un
proxecto que inclúen os seguintes traballos:

  • Instalación dunha nova tubaxe de pluviais de 315 milímetros de
    diámetro e 368 metros de longo no centro da calzada, con
    arquetas sumidoiro (28 en total) nos laterais. Haberá 10 pozos
    de rexistro cada 40 metros aproximadamente.
  • Pavimentación cunha mestura bituminosa en quente nunha
    superficie de 2.146 metros cadrados.
    A empresa adxudicataria é Tamara Fernández Pérez. O importe da
    actuación ascende a 45.780 euros, IVE incluído, financiado no marco
    do POS+ 2018 da Deputación. O prazo de execución son dous
    meses.
    Remate na rúa do Carreiro
    Hai que salientar que fai uns días rematou a escasos metros deste vial outra obra na rúa do Carreiro, consistente na instalación dunha rede de pluviais para separala dos saneamento a través dun colector
    independente ata a rúa Castelao.
    Isto vai permitir evitar que as augas superficiais acaben no bombeo
    para as augas fecais do tanque de tormentas ubicado no porto de
    Aguiño, aminorando así o caudal que chega ata a instalación e, deste
    xeito, diminuíndo o número de alivios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.