A Audiencia confirma a liberdade provisional da condutora implicada no accidente mortal en Palmeira

05 Agosto 2019

20190805. A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña confirmou o auto ditado polo Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira no que decretara a posta en liberdade provisional, con medidas cautelares, da condutora implicada no accidente sucedido en Palmeira o pasado 4 de maio no que faleceron dúas persoas. O tribunal completou as medidas adoptadas polo instrutor co requirimento expreso á investigada de que se absteña de conducir vehículos de motor durante a permanencia da medida de intervención do permiso de condución.

A Audiencia considera acreditado o arraigamento persoal da muller, pois reside cos seus fillos, o que “atenúa o risco de fuga” que alegan os recorrentes. En canto á posibilidade de reiteración delituosa, o tribunal lembra que o xuíz instrutor estableceu “unha serie de medidas para tratar de conxurar os riscos derivados desa posta en liberdade”, tales como a prohibición de abandono de territorio español, a entrega do pasaporte, a privación provisional do permiso de conducir e a intervención e depósito do seu vehículo.

Ademais, a Audiencia resalta que “é certo que a investigada pode conducir sen ter o permiso, pero tamén o é que se o fixese, a pesar da prohibición expresa, estaría a poñer de manifesto que a medida adoptada resulta insuficiente e que a alternativa que lle deixaría ao tribunal sería a de acordar a súa prisión, polo que entendemos que dita posibilidade é un elemento disuasorio bastante eficaz.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.