846.000 euros en actuacións paisaxístiscas, ambientais e equipamentos investidos no Barbanza

14 Novembro 2020

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisaron o resultado das obras de instalación dunha pérgola no parque infantil de Labarta, executadas
cunha axuda a orde de Infraestruturas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación contou cunha achega da Xunta de máis de 27.000 euros e mobilizou cerca de 40.000 euros, foi executada polo propio Concello.

Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartíronse máis de 846.000 euros en 18 proxectos na comarca do Barbanza.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
Entre as actuacións máis importantes destacan os case 200.000 euros aprobados en Mazaricos para soportes de contedores, a construción dunha aula da natureza, a mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral e limpeza de camiños rurais e os 79.000 aprobados para Porto do Son para obras de abastecemento en Portosín.
Trenor destacou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial”.

FONDO COMPENSACIÓN AMBIENTAL

CONCELLOOUTROS CONCELLOSPROXECTOAXUDA
BoiroRenovación de conducións, bombeos e equipos de medida de ETAP31.230,25
BoiroAdquisición de contedores xenéricos de 800 litros para a mellora dos puntos de reciclaxe na parroquia de Cespón3.235,66
CarnotaFondo de compensación ambiental en Carnota 202061.165,17
LousameAmpliación do saneamento en Filgueira18.534,90
LousameReformas varias no local social de Lesende13.315,17
Mancomunidade de concellos Serra do BarbanzaAmes, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son, RoisAdquisición contedores para recollida de residuos para o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza83.634,47
MazaricosSubministración de soportes para contedores de recollida de RSU, caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente, actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais197.029,60
MurosAdquisición dun vehículo dedicado á protección do ambiente e do espazo natural55.792,40
OutesPrograma de protección ambiental 202037.069,80
Pobra do Caramiñal, AFondo compensación ambiental A Pobra 202063.931,59
Porto do SonMellora na rede de abastecemento de auga potable de Portosín: Tubería de distribución xeral. Fase 1 (depósito de cabeceira-núcleo de Valcunqueiro)79.308,13
RianxoCompra de subministros para o abastecemento dunha illa perimetrada de recollida selectiva de residuos no parque “A Martela”7.413,93
RibeiraInstalación de rede de pluviais na rúa do Carreiro (Aguiño)6.975,44
TOTAL658.636,51

ORDE INFRAESTRUTURAS

ENTIDADE
SOLICITANTE
PROXECTOORZAMENTOAXUDA
NoiaPérgola cuberta no parque infantil de Labarta39.999,9927.999,99
Pobra do Caramiñal, AParque infantil cuberto do Camiño Ancho83.017,5940.000,00
Porto do SonReforma e mellora da planta 2ª do concello para a mellora das condicións da Concellaría de Servizos Sociais60.920,8140.000,00
RianxoDotación de cuberta sobre parque infantil na urbanización da Martela, Rianxo65.822,1540.000,00
RibeiraMelloras nas instalacións deportivas da Fieiteira86.349,0540.000,00
TOTAL336.109,59187.999,99

Outros artigos

Na Pobra entrega de premios do LXXXI campionato de España de bateis

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na entrega de premios do LXXXI Campionato de España de Bateis que tivo lugar esta fin de semana na Pobra do Caramiñal.Belén do Campo salientou a fonda vinculación histórica e cultural dos bateis coa poboación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...