Membros do Concello rianxeiro visitan o Campamento Urbano e Deportivo Rianxo 2019

05 Agosto 2019
Cedida por Uxía Cespón

20190805. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; a tenente de alcalde, María del Carmen Figueira; e a concelleira de Cultura, Mocidade e Museos, Raquel García, visitaron esta mañá o Campamento Urbano e Deportivo Rianxo 2019, o cal se celebra desde o 3 de xullo no pazo de Rianxiño.

Neste campamento participan ao redor de 200 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, desenvolvéndose numerosas actividades deportivas, talleres de cociña, artesanía ou xogos, entre outros. Ademais, os venres realizan unha saída a puntos do municipio coma, por exemplo, a praia ou o teatro.

Así mesmo, conta con servizo de transporte que percorre tódalas parroquias para o traslado dos cativos. O horario é de 10.30 a 13.30 horas, aínda que tamén conta co Plan Madruga.

O mércores 14 será a clausura e, para despedirse, organízase para este vindeiro venres unha acampada no propio pazo, ademais da festa que celebrarán con inchables e obradoiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.