Na Pobra o espectáculo Polo Camiño, contos da feira chega no 19 de novembro

10 Novembro 2020

A compañía A Cova das Letras traerá ó Elma no 19 de novembro, ás 18.30 horas, o espectáculo Polo Camiño, contos da feira, unha proposta para a cal se empregan títeres de luva e de táboa e que se basea na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares para narra-la historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes que, cos seus contos e cantos, fan voa-la imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.
Dáselle así continuidade ó programa de dinamización lingüística FalaRedes
2020, da Secretaría Xeral da Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende hai un ano a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), adscrito á Concellaría da Normalización Lingüística.
A actividade é de balde e apta para tódolos públicos. Seguiranse as medidas
implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da
entrada a través do teléfono de contacto 676666263, ben sexa chamando ou
por whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do propio día do
evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.