Até 20 persoas poderán participar no obradoiro de xestión forestal de Outes, Noia e Lousame

09 Novembro 2020

As e os demandantes de emprego dos concellos de Outes, Lousame e Noia van poder beneficiarse nos meses vindeiros dun obradoiro en xestión forestal impulsado polo Goberno galego e centrado en achegar recursos de utilidade sobre conservación e mellora de montes. O taller, concibido para unha vintena de alumnos, terá a súa sede de operacións en Outes. A Xunta contribuirá con 347.000 euros ao seu desenvolvemento, ao que cómpre engadir 16.500 euros para incentivar a contratación en empresas da contorna das persoas participantes.

Durante nove meses o alumnado recibirá a formación teórico-práctica prevista nos certificados de profesionalidade, alternándoa co desenvolvemento de traballos consistentes na mellora de masas arbóreas, rozas, podas ou reforestación. As actividades prácticas levaranse a cabo en diferentes recantos forestais dos tres municipios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.