O teatro, a música e o baile de Barbanza teñen unha palestra na que mostrarse ao mundo: Mundoescenico.gal

05 Agosto 2019

20190805 A semana pasada colleu impulso a que sería a primeira comunidade en liña das artes escénicas de Galicia, mundoescenico.gal, un espazo informativo e participativo, aberto e gratuíto, que ten o obxectivo de “modernizar, democratizar e facer máis accesíbeis” o teatro, a música, a danza e o folclore. A iniciativa vén da man do emprendedor Daniel Amós, ao abeiro da terceira edición do programa de emprendemento colaboratorivo Go2Work de Barro. No seu seo comezan a despuntar xa as compañías e agrupacións de Barbanza (dúas de Ribeira, unha da Pobra, unha do Son e dúas de Noia), tal e como se pode ver no mapa que xeolocaliza as entidades a nivel galego, que irá acubillando novas incorporacións ao longo dos meses vindeiros, dos nosos concellos e dos restantes da xeografía galega.

Por Ribeira podemos ver incluídas na comunidade a Coral Polifónica Municipal e máis a Coral do Círculo Mercantil e Industrial. Por Pobra figura a compañía Abrente, polo Son a Coral Club de Xubilados e por Noia a Coral Polifónica e máis a Coral do Liceo.

A comunidade, que xa está en activo, apóiase tematicamente sobre os catro piares das artes escénicas: teatro, música, danza e folclore, os cales, á súa vez, abranguen todo de xéneros, propostas e formatos: teatro cómico, novo circo, contacontos, monicreques, pallasos/as, maxia, animación infantil, acrobacias, bandas de música, música pop-rock, cantautores/as, orquestras, corais, danza contemporánea, baile moderno, ballet, música folclórica, gaiteiros/as, pandeireteiras/os, baile tradicional e “moitos máis”.

Segundo nos conta o seu principal artífice, Daniel Amós, Mundo Escénico diríxese sobre todo a catro tipos de perfís de usuarios e destinatarios, membros en potencia dunha comunidade destinada a establecer ligazóns e interaccións entre toda a xente implicada no fenómeno escénico. Estes catro perfís son os seguintes: os espectadores, que “buscan unha axenda completa e actualizada e tamén valorar e seguir ós seus grupos favoritos”; os artistas, membros de grupos, bandas e compañías que “necesitan unha rede social do sector onde divulgar os seus espectáculos e conectar con outros artistas e profesionais”; os xestores e programadores culturais, que “precisan un directorio cos todos os grupos e espectáculos en carteleira con valoracións da comunidade para poder deseñar de forma máis efectiva as súas axendas”; e os profesionais do sector, que “buscan unha canle específica para ofrecer os seus servizos vencellados ás artes escénicas”.

A plataforma web de Mundo Escénico (dispoñíbel en https://mundoescenico.gal) xa nos permite rexistrarnos de balde e escoller o tipo de perfil que máis se axusta ás nosas características e adicacións (espectador, artista, xestor cultural, profesional do sector…). Tamén permite engadir información social ou artística para darnos a coñecer na comunidade.

A web conta xa cunha serie de servizos como son a axenda cultural (cun mapa onde se localizan os eventos), o catálogo de grupos e espectáculos, a rede social para publicar actividade no “muro”, engadir amigos, seguir grupos, etc.; un blog con información interesante do eido escénico na que participan colaboradores e unha sección chamada Ágora para xestionar a oferta e demanda de formación, obradoiros e servizos profesionais.

A comunidade conta arestora cunha base de datos de máis de 2.000 grupos categorizados e xeolocalizados nun mapa. Os membros que o desexen poden requirir a administración do seu grupo ou crealo se non existe para manter actualizada a información do mesmo e dos seus espectáculos.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.