Nova edición das Xornadas Micolóxicas da Pobra pon en valor os cogomelos

04 Novembro 2020

A cuarta edición das Xornadas Micolóxicas chega á Pobra do Caramiñal cunha programación composta por coloquios, obradoiros, saída ao campo, exposición, concurso fotográfico e showcooking e degustación. Así o desvelaron este mediodía o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo; e a técnica municipal desta área, Beatriz González.

Neste 2020, a cita esténdese do día 11 ao 15 de novembro. Arrancará no
mércores 11, coa charla introdutoria e conexión telemática sobre proxectos de Coutos micolóxicos con relatores de Galicia e Navarra. Terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán. No venres 13, ás 20.30 horas, o Elma albergará a conferencia Intoxicacións por cogomelos, a cal será impartida por José Manuel Castro Marcote, coautor da guía Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular.
Xa no sábado 14, desenvolveranse os obradoiros no local da confraría. O
primeiro deles será na quenda da mañá, en horario de 10.00 a 14.00 horas,
dirixido a cativos e cativas con idades entre os 10 e 12 anos. Trátase dunha
actividade de iniciación ao debuxo da natureza titulada Bosquexo de campo: os cogomelos, da man de Calros Silvar, ilustrador de varias guías da natureza. O segundo transcorrerá na quenda da tarde, de 18.00 a 20.00 horas, destinado a persoas maiores de 12 anos. Trátase dun taller de cultivo de cogomelos que, baixo o nome Cultivo de Pleurotus ostreatus, correrá a cargo de Ventos Estudos Ambientais. A cabida máxima para o primeiro estipúlase en 12 persoas asistentes, mentres que no segundo é de 15. En ámbolos casos, o material é de balde.
Finalmente, no domingo 15 haberá saída ao campo con José Manuel Castro
Marcote, de 10.00 a 13.00 horas. O límite de prazas establécese nas 20 e o
traslado será en vehículos propios. Deseguido, a partir das 13.00 horas, será o momento da exposición de cogomelos no mercado de abastos, así como a
resolución de dúbidas. Ademais, ás 13.30 horas, procederase á entrega de
premios ás persoas gañadoras do IV Concurso Fotográfico de Micoloxía. E,
como colofón, Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro) ofrecerán, dende as 14.00 e ata as 14.30 horas, un showcooking e degustación de cogomelos. Estipúlase un máximo de 20 persoas participantes, con preferencia para aquelas xa anotadas na saída ao campo.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo que tódalas
persoas interesadas deberán formaliza-la súa inscrición de balde a través do enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal. No caso dos coloquios, tamén se require asistir con 10 minutos de antelación ao comezo da actividade.
Respecto ao concurso fotográfico, a edil Genoveva Hermo indicou que medrou o número de inscritos en comparación co ano pasado, pois esta convocatoria conta con 62 participantes. Tamén destacou a calidade das imaxes presentadas, poñendo como exemplo a fotografía que ilustra o cartel e que resultou gañadora na terceira edición. Os premios consistirán en bonos de compra no comercio local e establecementos de restauración do municipio (un total de 750 euros), considerándose tres galardóns con diferentes contías.
Na súa intervención, a técnica do Medio Ambiente, Beatriz González, manifestou que “é unha alegría que aumente o número de participantes”, o cal se traduce, segundo apuntou, nunha mostra da implicación por parte da veciñanza.
Pola súa parte, o rexedor Xosé Lois Piñeiro sinalou que son unhas xornadas
“que teñen a intención de ser unha das actividades relevantes dentro da
programación de Medio Ambiente, sempre perseguindo non só o coñecemento micolóxico, senón que tamén busca o respecto polo medio, por coidalo.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...