Portos de Galicia priorizará a seguridade para a frota e os seus usuarios no 2021

04 Novembro 2020

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, dará prioridade nos investimentos de 2021 na provincia da Coruña ao reforzo da seguridade nas instalacións portuarias. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao delegado territorial da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, nunha reunión de traballo na que avaliaron a proposta orzamentaria que está a ultimar o organismo portuario.

Susana Lenguas indicou que o documento provisional co que o ente público está a traballar recolle unha distribución dos investimentos que dá prioridade á nova construción, ampliación e mellora de pantaláns en diversos peiraos, entre eles Corme, Pontedeume, Fisterra, O Freixo, Muros, Miño, Betanzos, Corcubión, Testal ou Pontecesures. Con estas actuacións mellóranse as condicións de seguridade e operatividade para os usuarios dos peiraos.

Así mesmo, destacan as obras de integración entre os portos e as vilas mariñeiras, como é o caso das actuacións previstas para Porto do Son e Ribeira. Ademais, os orzamentos contemplarán a continuación das obras de dragaxe no peirao de Laxe, que xa se iniciaron neste 2020.

Finalmente, a proposta orzamentaria, que se pechará nos vindeiros días, inclúe melloras na edificación portuaria e actuacións de reforzo da operativa portuaria como a instalación de defensas e escadas e reforma de viais interiores.

Outros artigos

AMBAR abre as inscricións para a 10ª Carreira pola Diversidade

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, con sede e actividade na nosa comarca, xa ten abertas as inscricións da 10ª edición da súa Carreira pola Diversidade. Celebrarase o domingo 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Trátase dun...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...