Segundo informa a compañia eléctrica Natrurgy unhas 400 vivendas do municipio pobrense quedaron sen subministración eléctrica na tarde deste domingo. Unha avaría nunha liña de media tensión sobre as cinco e media da tarde deixou durante dúas horas a abonados do centro urbano, principalmente das rúas Rafael Calleja, Estremo e os xardíns Valle-Inclán, Camiño Ancho. Minutos antes das oito da tarde, a empresa subministradora comunicou que se puido solucionar o problema e que xa todos os clientes contaban de novo con electricidade.
A Policía Local da Pobra detén un home tras unha persecución que rematou nunha rúa sen saída de Palmeira
O sospeitoso, que viaxaba coa muller respecto da cal tiña unha orde de afastamento de 500 metros, fuxiu ao ser requirido polos axentes na praia de Cabío Axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal detiveron esta mañá un home como presunto autor dun delito de...



