O Concello de Boiro solicita medidas para calmar o tráfico na AC-305 ao seu paso pola Magdalena

29 Outubro 2020

O Concello de Boiro vén de facer unha solicitude á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade para que “se tomen medidas destinadas a reducir a velocidade da AC-305 ao seu paso polo lugar da Magdalena, na parroquia de Lampón”. A demanda vén motivada polas numerosas queixas dos veciños e a sucesión de accidentes na zona. O Goberno boirense acompaña a petición lembrando “o elevado número de accidentes de tráfico acontecidos nos últimos anos no dito núcleo da Magdalena”, un fenómeno que foi en aumento, especialmente no treito comprendido entre os quilómetros 580 e 870 da AC-305.

“Esta estrada transcorre por unha área urbana e residencial, con numerosas vivendas unifamiliares na súa marxe”, explica o Concello, engadindo que a veciñanza ten achegado á Administración local, en diversas ocasións, a súa preocupación pola velocidade elevada á que os vehículos circulan pola zona.

O Concello recorda que este ano déronse como mínimo cinco accidentes de circulación graves, un deles nos últimos días, que provocaron tamén danos nos vehículos estacionados. “A estrada”, amais, “pasa moi próxima tamén á Igrexa de Lampión e no lugar atopase unha parada de autobús de liñas municipais, comarcais e autonómicas, polo que o risco para os viandantes e moi elevado”, engade o Goberno local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...