A Pobra implanta medidas para o Día de Tódolos Santos co obxectivo de garanti-la seguridade e saúde pública fronte á COVID-19

01 Novembro 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que para o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, se implantarán medidas nos cemiterios coa finalidade de garanti-la seguridade e saúde pública fronte á COVID-19.
Neste senso, instalaranse nos accesos aos 5 camposantos carteis coas
seguintes indicacións: cabida máxima, permanecer un máximo de media hora, horario, uso obrigatorio da máscara, obrigatoriedade de utilizar xel
hidroalcohólico, obrigatoriedade de mante-la distancia de seguridade
interpersoal, grupo máximo de 4 persoas, obrigatoriedade de segui-los itinerarios de circulación de persoas e obrigatoriedade de circular pola dereita dos corredores. Ademais, colocaranse dispensadores de xel hidroalcohólico e sinalizaranse as entradas e saídas para que, na medida do posible, sexan independentes.
Máis polo miúdo, infórmase de que a cabida máxima do cemiterio do Caramiñal é de 300 persoas; para o do Castelo, de 300; para o de Santo Isidro, de 200;
para o de Santa Cruz (onda a igrexa), de 75, e doutras 75 para o que hai ao
outro lado da estrada; e para o do Xobre, de 200.
Tamén hai que indicar que o tráfico rodado pola estrada ata a porta do Castelo estará prohibido, agás para persoas con mobilidade reducida, coa finalidade de evitar aglomeracións.
Cómpre lembrar que a titularidade dos cemiterios con que conta o termo
municipal recae na Igrexa, polo que dende a Administración local mantiveron reunións cos párrocos para dar traslado do protocolo que se instaurará.
Así mesmo, artellarase un dispositivo especial para a vixilancia e control,
contando para tal fin coa Protección Civil da Pobra e Policía local.

foto: desdepobra.com

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.