En Boiro demanda unha escola oficial de idiomas na xuntanza entre o conselleiro de Cultura e o alcalde

21 Outubro 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino,
María Outeiral, reuníronse co conselleiro de Cultura e Educación, Román
Rodríguez, para ampliar a colaboración e traballar na realización de proxectos conxuntos entre ambas as dúas entidades.
Na xuntanza, a primeira charla directa entre a concelleira do goberno
local e o conselleiro da administración autonómica, tratáronse diversos asuntos relativos ao eido educativo, como son a solicitude realizada por parte do Concello de Boiro para a posta en marcha dunha Escola Oficial de Idiomas (EOI) en Boiro, unha demanda de toda a comunidade educativa e secundada pola corporación municipal.
Ademais, na xuntanza acordouse unha maior coordinación entre o
persoal técnico da Xunta de Galicia para potenciar proxectos no eido cultural. O alcalde e o conselleiro manifestaron a súa disposición para traballar en proxectos conxuntos para impulsar a cultura e a industria cultural no municipio, especialmente para a súa recuperación logo da Covid-19.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.