A ludoteca impulsada pola ABE xa está en marcha desde onte

02 Agosto 2019

20190802. O presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, presentaron este mediodía a ludoteca posta en marcha polo colectivo no local multiusos situado na praza de abastos.

A ludoteca estará en funcionamento durante os xoves e os venres de agosto, en horario de 11.00 a 14.00 horas. Só se poderá acceder a este servizo mediante as entradas que reparten os establecementos participantes nesta campaña e serán válidas durante unha hora para os días 1, 2, 8, 9, 16, 22, 23 e 29 do presente mes.

Así, os comercios asociados entregan unha entrada por cada compra superior a 20 euros entre o 22 de xullo e o 29 de agosto. Tal e como afirmou o presidente da ABE, “pensamos que sería unha boa idea montar unha ludoteca, repartindo uns tíckets nos comercios asociados e así poder deixar aquí ao neno durante unha hora, para que a xente poda ir de compras ou a tomar un café.” Este servizo abriu onte as súas portas e, polo de momento, xa tiveron en torno a 15 cativos, agardando que esta cifra se vaia incrementando porque “ten moi boa acollida.” Deste xeito, non descartan prolongar a lutoteca a datas coma, por exemplo, do Nadal.

Pola súa parte, o rexedor boirense felicitou aos impulsores desta iniciativa porque “o que están facendo é fomentando a compra no comercio local” e expresou que desde o Concello facilitarán estas ideas ao redundar no sector económico do municipio.

Ademais, o venres 30 organizarase unha festa final de despedida con entrada de balde e 3 horas de actividades, inchables, obradoiros e sorpresas. Nesta celebración procederase á realización de dous sorteos presenciais de 100 euros en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.

O primeiro dos sorteos terá en conta as entradas utilizadas na ludoteca, mentres que o segundo, a tódolos clientes que cubran o reverso dos recibos de compra dos comercios asociados e os depositen na urna habilitada na entrada da ludoteca.

Tanto a normativa da ludoteca coma as bases dos sorteos atópanse nos establecementos participantes, así como na web e redes sociais da ABE.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.