O pleno de Lousame aproba un crédito de 313.000 € para financiar a licitación de obras dos POS 2019 e 2020

16 Outubro 2020

O pleno municipal de Lousame celebrou na noite deste xoves 15 de outubro unha sesión extraordinaria e urxente na que se aprobaron por unanimidade os dous puntos da orde, sen que mediase debate por parte dos tres grupos municipais (PP, PSOE e BNG). A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, xustificou a urxencia no interese de que as bonificacións da taxa do Punto de Atención á Infancia (PAI) puideran entrar en vigor o antes posíbel e no límite do 30 de novembro para a licitación das obras do POS + 2019.

Así, o Pleno aprobou o financiamento extraordinario 33/2020 mediante o que se dota de crédito nas aplicacións orzamentarias do Concello de Lousame, financiado con cargo ao préstamo provincial 2019 e 2020 do POS + 2019 e 2020 por un importe de 313.805,39 euros. Teresa Villaverde explicou que con estes máis de 313.000 euros poderase sacar a licitación o proxecto Pavimentación en Béxeres e outros, correspondente ao ano 2019 e que inclúe 4 actuacións: pavimentado en aglomerado en Béxeres, pavimentado do camiño Silva-Seoane, pavimentado do camiño de acceso ao Club de Xubilados dende a CP-4201 e melloras dos accesos a Vilar de Reconco.

Así mesmo, inclúense os proxectos do ano 2020 como o acondicionamento do rueiro entre Vilacoba e Vilar de Recouso, dotado con 66.434 euros. Outros 58.901 euros servirán para mellora do acceso a Pousada desde a estrada de Portobravo a Tállara, así como dun camiño transversal en Merelle. Un terceiro proxecto servirá para pavimentar viarios en Guiende (Tállara) e no acceso a Merelle, entre outros tramos, sumando 43.398 euros. Finalmente, resérvanse 38.430 euros para o acceso a Comparada e unha pavimentación en Bargo.

O pleno tamén aprobou unha modificación na ordenanza fiscal reguladora da taxa do PAI para introducir unha bonificación do 100% para o segundo e sucesivos irmáns/irmás, tal e como está a aplicar a Xunta de Galicia. Segundo explicou o Concello, esta bonificación fora aprobada en setembro pasado pero houbo que actualizala porque “podía interpretarse que limitaba o acceso á bonificación a aquelas familias que xa tiveran un fillo/a no PAI, cando o requisito é que este en calquera estadio do sistema educativo.”

Esta modificación, que será sometida a información pública por un período de 15 días hábiles, supón tamén a anulación da aprobada na sesión de setembro deste ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...