O ‘clown’ galego Antón Coucheiro chega a Boiro

31 Xullo 2019

20190731. Boiro servirá de escenario este venres, 2 de agosto, para que o clown galego Antón Coucheiro proceda co seu espectáculo Sonambulante.

Trátase dunha viaxe noctámbula, dun cabaré portátil, un show de variedades a bordo dunha cama, onde os asistentes presenciarán as vivencias dun bufón que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas. Mais quen está esperto, quen durme e quen soña?

Quen queira descubrilo tan só se ten que achegar á rúa peonil, ás 12.00 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.