Galicia comezará o 5 de outubro a vacinación antigripal en persoal sanitario e o día 13 entre a poboación xeral

28 Setembro 2020

Galicia comezará o próximo 5 de outubro a campaña de vacinación antigripal 2020 entre o persoal de centros sanitarios e o día 13 na poboación xeral, para o que conta con 865.830 dose e máis de 900 puntos de vacinación co fin de garantir máis do 80 por cento de cobertura.

Así o destacou en rolda de prensa a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, quen presentou a campaña para este ano 2020 que, baixo o lema ‘Contra a gripe temos vacina’, céntrase no persoal sanitario e nos maiores de 65 anos. Para esta ocasión o investimento supera os 3,2 millóns de euros.

Durán Parrondo lembrou que en 2019 Galicia alcanzou un 65 por cento de cobertura entre os maiores de 65 anos e un 50% entre o persoal sanitario e un 55% entre as embarazadas, todos eles grupos da poboación diana da campaña.

Tras incidir en que a cobertura alcanzada pola Comunidade galega na última campaña superou a media estatal, a directora xeral destacou que o obxectivo deste ano céntrase en lograr o 75% ou máis entre os maiores de 65 anos e o persoal sanitario e superar o 60% entre as embarazadas. “Son obxectivos ambiciosos”, sostivo.

Con todo, sinalou que na campaña actual coexistirán dous virus, o da gripe e a Covid-19, polo que apelou á importancia de vacinarse para evitar complicacións porque non se sabe “como pode afectar os pacientes” a presenza de ambos.

Presentación campaña vacinación 2020

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.