En Boiro un incendio obriga a atender a un mozo por fume

26 Setembro 2020

Bombeiros. cedida

Esta pasada madrugada un incendio nun inmoble do centro de Boiro despregou efectivos de emerxencias no que participaron bombeiros, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e 061.

O lume fixo que un mozo tivera que ser levado a un centro de saúde para ser atendido por inhalación de fume ao tratar de apagar o lume

O aviso do incendio o 112 realizouse pouco antes das catro da madrugada nun segundo piso dun edificio da rúa Breiro e informaba de que unha persoa estaba atrapada no interior da vivenda.

O residente no inmoble logrou saír antes da chegada dos bombeiros e tentaba controlar o lume que acabou queimando un sofá do salón, mentres que o resto da estancia viuse afectada pola densa fumareda provocada polo lume. Os equipos de extinción conseguiron extinguilo e procederon a ventilar o piso, mentres que o mozo foi trasladado ao centro de saúde por precaución para ser examinado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.