Dous novos casos en Boiro e Ribeira elevan a seis os positivos en centros educativos de Barbanza

25 Setembro 2020

O coronavirus entrou xa en tres escolas infantís e dous colexios de primaria da área barbancesa con seis alumnos contaxiados.

Esta xornada confirmábanse dous novos casos de positivos en colexios da comarca en concreto en Boiro e Ribeira, que se engaden aos dos centros da Galiña Azul de Rianxo e Praia Xardín e do rianxeiro CEIP Castelao.

Boiro

AConsellería de Sanidade confirmou a existencia dun positivo por covid-19 entre o alumnado do colexio Santa Baia. Trátase dun escolar de educación primaria e é de momento o único que está en corentena pendente dos controis que se están a facer.

Ribeira

Sanidade confirmo un positivo na escola infantil de Ribeira que obrigou a clausurar unha das aulas, mentres que o resto do centro continúa funcionando con normalidade. Hai un alumno do nivel de 2-3 anos afectado e, seguindo o protocolo, todos os seus compañeiros, así como o persoal responsable do seu coidado, profesora e auxiliar, están en corentena á espera dos resultados das PCR realizadas a todos eles. En total, son 13 os nenos en corentena por mor deste positivo.

Estes dous casos súmanse aos catro detectados esta semana en distintos centros educativos dos que xa informamos en “obarbanza.gal”. No colexio Castelao de Rianxo hai dous alumnos contaxiados que son irmáns, aínda que os compañeiros dun deles, que cursa o primeiro curso de primaria, xa puideron regresar a clase tras cumprir o período de corentena preventiva. Tamén no municipio rianxeiro, detectouse outro caso dun bebé matriculado na escola infantil A Galiña Azul.Dentro da rede autonómica de escolas infantís despregada na comarca tamén hai un caso activo no centro de Praia Xardín.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.