Zeitum Films buscará en Rianxo actores, actrices e figurantes para unha nova curta

24 Setembro 2020

O concello de Rianxo vai acoller un casting para unha curtametraxe da produtora Zeitum Films, firma coruñesa que ten no seu haber algúns dos filmes galegos recentes máis prestixiosos e recoñecidos internacionalmente, como Todos vós sodes capitáns ou Mimosas, de Oliver Laxe, ou Costa da Morte, de Lois Patiño.

O casting rianxeiro, dirixido a atopar novos actores (de entre 30 e 70 anos), actrices (de entre 30 e 65 anos), realizarase entre os días 29 e 30 de setembro no Auditorio de Rianxo. Tamén se buscan bebés de menos dun ano (de entre 3 e 12 meses). A produtora informa de que non será precisa experiencia previa na interpretación. Pódese facer a inscrición (antes do 28) a través da conta de correo castingrompente@gmail.com ou enviando un Whatsapp ao número 644 908 607, indicando datos de contacto e xuntando unha foto recente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.