A Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo un espectáculo de maxia e lingua a cargo de Martín Camiña

23 Setembro 2020

O Concello de Lousame organiza este domingo 27 de setembro un espectáculo de maxia e dinamización lingüística. Trátase de Caldeirada de lingua, a cargo do mago Martín Camiña. Segundo informa o Goberno local, será unha actuación de balde na Casa da Cultura a partir das 17.30 horas. As entradas deberán reservarse previamente na propia Casa da Cultura ou chamando ao 981 825 780.

Caldeirada de lingua é un espectáculo de ilusionismo lingüístico, humor e participación do público. Durante aproximadamente 65 minutos, o ilusionista Martín Camiña, ben coñecido en Lousame pola súa participación en dúas edicións anteriores do Festimaxia, invocará o “conxuro da caldeirada” para recuperar a memoria do que somos e valorar o tesouro que supón dispoñer dunha cultura propia e dunha lingua de seu. Caldeirada de lingua é unha cita cultural para todos os públicos organizada polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...