A Mesa levará ao Parlamento a petición popular dunha canle e unha app de Xabarín

17 Setembro 2020

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que vai presentar esta semana unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento galego co obxectivo de instar ao Executivo autonómico a incrementar a grella infantil e xuvenil de contidos de TV en galego, concretamente a través dunha canle específica Xabarín con “programación atractiva, educativa e de produción galega”. A Mesa pedirá tamén que a canle estea dispoñíbel en todas plataformas dixitais e, tamén, a través dunha aplicación móbil actualizada que inclúa programas e xogos.

A proposta, que se tramitará ao longo dos próximos meses, tamén instará ao Goberno galego a “adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e que TVE emita con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa app para o público infantil”. Por outra banda, A Mesa instará ao Executivo de Núñez Feijóo a “facilitar a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias”.

Con esta listaxe de requirimentos da súa proposición, a entidade de defensa da lingua dá o paso despois de que a solicitude dunha canle e unha app que emitan continuadamente contidos atractivos e de interese para a nenez e a mocidade galega acadase na rede cerca de 8.000 sinaturas en catro días.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.