Os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento confirman o seu bo momento no galego inclusivo de motonáutica de Outes

13 Setembro 2020


Outes albergou a cuarta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, cita deportiva na que os noieses José Barrio e Pilar Sarmiento seguen á fronte da clasificación xeral ao facerse co trofeo coruñés, ao que chegaban como líderes absolutos.

Foto familia cedida

A falta da última xornada, pendente de disputarse en Tomiño a próxima fin de semana, dependendo das condicións meteorolóxicas, Barrio e Sarmiento foron cautos no desenvolvemento do percorrido trazado hoxe en Outes, para non perder a cabeza da listaxe xeral como titulares do mesmo, inmaculados en velocidade no slálom cronometrado, incluídos os exercicios de rescate con bichero e encestado de pelota sobre cubo flotante.

Os noieses Barrio e Sarmiento

A segunda praza adxudicáronlla os tudenses Carlos Estévez e Oswaldo Davila, a tan só dous puntos dos líderes, sendo terceiros os vigueses Álvarez Camiña e Davila Piñeiro, algo máis distanciados.
As augas do porto do Freixo foron o marco elixido para a celebración desta cuarta proba, utilizando o pantalán do Centro Náutico como zona para o embarque de pilotos e axiliares.
Precisamente a entrega de premios celebrouse no propio Centro Náutico do Freixo, presidido o acto polo Alcalde de Outes, Manuel González, acompañado polo presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, o concelleiro de deportes, Daniel Rodríguez, e o técnico deportivo Alejandro Pombo.

Os-vigueses-Álvarez-e-Davila


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.