Un home falece en Boiro tras unha discusión nun supermercado

12 Setembro 2020

A discusión entre dous homes iniciada nun conflito no establecemento de alimentación situado na rúa Estatuto de Galicia en Boiroa mañá do xoves rematou na morte dun dos homes. Os feitos producíronse cando os dous se atopaban esperando a súa quenda para pagar a compra. O abrisrse outra caixa ambos se dirixiron a ela ao mesmo tempo e empezaron a discutir por quen pasaba primeiro. Os implicados terminaron na rúa a golpes.
A policia sinalu que houbo un intercambio de palabras e insultos no interior do establecemento e as voces e a tensión foron a máis, acompañadas de empuxóns. Testemuñas presenciais afirmaron que a refrega continuou fóra do local ata que, ao parecer, o falecido tentou agredir ao rival coa correa dun can que tiña na man. O outro implicado cubriuse a cara para defenderse. A continuación, o home caeu no asfalto e xa foi incapaz de incorporarse de novo. O falecido é de nacionalidade colombiana e tiña 61 anos de idade.

Veciño da zona alertaron ao 112 de que unha persoa estaba tendida na rúa como consecuencia da refrega que protagonizaron os dous clientes do súper. Testemuñas presenciais comentaron que a vítima saíu do supermercado gritando e insultando á outra persoa. No lugar compareceron axentes da Policía Local e unha dotación da Garda Civil que cortaron o tráfico na rúa á espera dunha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido ao hospital comarcal de Ribeira.
Debido á gravidade das feridas, foi derivado ao Clínico de Santiago onde estaba previsto operarlle, pero faleceu á primeira hora da mañá de onte.

A versión da familia da vítima di que o seu parente tivo unha rifa cun señor no establecemento porque unha señora que tiña unha cousa soa e o morto queríaa deixala pasar pero o outro home non, e ai comezou a discusión. Saíron para fose e agarráronse e segundo a parente da vítimao o seu parente recibiu unha puñada na cara que lle provocou que caese ao chan. Tamén indicou que os servizos sanitarios tardaron bastante tempo en chegar, uns 45 minutos. O cadáver está no Clínico á espera da autopsia, o que atrasará o seu enterro posiblemente ata a principios da semana.

Dada a situación da vitima que recibía unha prestación social o Concello de Boiro espera un informe dos servizos sociais para decidir si asume o enterro e o traslado do falecido.

Zona onde aconteceu o suceso

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.