O BNG quere que cheguen ao seu destino as axudas anunciadas ao sector marisqueiro

11 Setembro 2020
María Lago Lestón BNG Muros na Casa do Mar

As agrupacións municipais do BNG do ámbito da Ría de Muros e Noia achegáronse ás confrarías e colectivos de mariscadores e mariscadoras da devandita contorna para facerlles chegar a Proposta Non de Lei que a formación nacionalista vén de rexistrar no Parlamento galego para, nas súas palabras, “intentar asegurar que os 5,2 M€ anunciados polo Executivo cheguen ao sector”.

Desta maneira, a portavoz do BNG en Muros dirixiuse á Confraría muradá; o portavoz do BNG no Son aos dous pósitos da localidade, o de Portosín e o de Porto do Son; os portavoces de Outes, Lousame e Noia fixeron o propio na confraría emprazada en Noia, onde tamén deixaron copia para o colectivo de mariscadoras e mariscadoras a pé.

Para quen non o saiba, a dita iniciativa do BNG preséntase no Parlamento para denunciar o grupo nacionalista “a incompatibilidade das axudas con outras axudas por parte do estado que foron anteriormente concedidas”. Así mesmo, o BNG tamén tramitou sendas preguntas para ser realizadas nesta institución no contexto desta problemática.

Os nacionalistas confían que “a iniciativa posta en marcha por Rosana Pérez, responsábel de mar e pesca da formación no Parlamento galego, sirva para forzar á Xunta a investir cartos nun sector clave para a comarca e que deste xeito evitemos que os máis de 5,2 millóns de euros destinados a estas axudas fiquen sen execución e os grandilocuentes anuncios da Consellaría só en iso, en simples anuncios”, explicou o BNG.

Outros artigos

O Concello de Noia amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.