Os participantes no obradoiro O Pote visitan novamente a Lonxa de Ribeira

03 Setembro 2020

Este venres 4 de setembro o alumnado do obradoiro de cociña O Pote realizar unha visita á Lonxa de Ribeira. Trátase da segunda visita do taller a esta rula, pois o pasado 28 de xullo os seus participantes realizaron unha primeira na que coñeceron o funcionamento dunha poxa automática. Desta vez, a súa estadía na lonxa focalizarase en observar a descarga e poxa polo peixe dos barcos do cerco que están faenando nestas augas á captura do bocarte.

Así mesmo, aproveitarán para coñecer os viveiros de Pescados Paco e coñecer o proxecto Da lonxa o prato que se quere pór en marcha na Pobra. A visita do obradoiro O Pote desenvolverase entre as 7.30 e as 10 horas da mañá, aproximadamente. O inicio da poxa está programada para as 8 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.