O dúo Two in the Mirror revisita temas clásicos da música negra no Son

01 Setembro 2020

O dúo musical Two in the Mirror, formado pola cantante Noelia Pérez e o músico Paco Dicenta e especializado en dar innovadoras viraxes a temas clásicos de soul, jazz, funk e pop (en inglés pero tamén en castelán, italiano, portugués e mesmo en hebreo), estará este domingo 6 de setembro en Porto do Son para ofrecer un concerto de sesión vermú, na praza de España da vila.

Two in the Mirror, procedente de Vigo, comezou a súa andaina como dúo en abril de 2012, coincidindo co aniversario do Estudo Torai do fotógrafo Aitor Nova. Dende aquela Noelia e Paco percorreron mancheas de escenarios de Galicia, Leon, Asturias, Madrid e Portugal, participando en todo tipo de eventos artísticos e sociais e cunha bagaxe de centos de concertos ao longo dos seus oito anos de andaina (só no primeiro ano de actividade achegaron máis de 70 actuacións).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.