Soben a 16 os casos da Covid-19 en A Pobra

28 Agosto 2020

No abrocho laboral de A Pobra rexistranse 16 casos, un mais que onte, vinculados á empresa na que se detectaron positivos. Lembramos que tal como publicamos en O Barbanza o executivo local da Pobra informou de que executará as medidas que sexan oportunas dentro das súas competencias unha vez reciba instrucións concretas por parte do servizo de Medicina Preventiva, da Consellaría da Sanidade, trala detección dun gromo nunha conserveira do municipio. 

A área sanitaria Santiago- Barbanza rexistra 450 casos activos con catro hospitalizados (3 no CHUs e 1 na Rosaleda). Hai 1.886 pacientes curados e realizaronse 49.323 PCR. No resto da área na Residencia Maiores Lalín hai 1 positivo (convivinte con anterior positivo). No abrocho da reunión familiar Negreira hai 12 casos.

Nos casos vinculados a Melide 44 en total, no resto da zona 33 distribuidos en diferentes concellos da área de Santiago e mesmo doutras provincias.

No resto de Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.139 deles 1.351 son da área da Coruña, 547 da de Lugo, 292 da de Ourense, 187 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 450 da de Santiago, e 123 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 100 en unidades de hospitalización e 3.027 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.292 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos. O número de PCR realizadas é de 322.198.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.