Na Pobra medidas fronte ao gromo unha vez reciba instrucións de Medicina Preventiva. Hai 11 illados

27 Agosto 2020

O executivo local da Pobra informa de que executará as medidas que sexan oportunas dentro das súas competencias unha vez reciba instrucións concretas por parte do servizo de Medicina Preventiva, da Consellaría da Sanidade, trala detección dun gromo nunha conserveira do municipio. No día de onte, mércores 26, realizáronse PCR a un total de 183 persoas traballadoras da conserveira e confirmáronse 4 casos positivos. En total, o número de persoas illadas ascende a 11.
O Concello está en contacto diario con Sanidade para coñece-los datos actualizados e a evolución da situación, pois as competencias correspóndenlle á Administración autonómica.
Cómpre indicar que non se tomará, polo momento, ningunha medida excepcional ao non se emitiren directrices concretas por parte do referido servizo. En consecuencia, desenvolveranse as actividades previstas para esta fin de semana tal e como estaban programadas.
Neste senso, o Goberno municipal comprende a preocupación que todo isto pode xerar, mais asegura que se están adoptando tódalas medidas preceptivas por parte das administracións competentes, polo que se roga non caer no alarmismo e informarse sempre a través das canles adecuadas, sen se deixar levar polos rumores.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.