Chega a Rianxo o espectáculo Invisibles e a súa denuncia contra a violencia de xénero

27 Agosto 2020

A Área de Cultura do Concello de Rianxo, en colaboración coa Deputación da Coruña, vai organizar os días 5 e 6 de setembro, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, o espectáculo Invisibles da compañía Redrum Teatro. A obra, recomendada para público adulto, está protagonizada polas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, baixo a dirección de Marián Bañobre. Segundo explica o Concello, despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro no que se Marián Bañobre e Santiago Cortegoso fixeron a adaptación teatral.

A entrada é de balde con reserva propia. Cómpre facelo no correo auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, indicando os datos persoais. A solicitude de reservas será do 26 de agosto ao 3 de setembro de 9.00 a 13.30 en días laborais.

Invisibles é un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Monste Fajardo, que mostra a través de diversas historias unha cuestión común que é unha das grandes lacras do noso tempo: a violencia de xénero. O obxectivo claro da obra é sensibilizar ao público sobre a importancia de tomar partido ante este drama que afecta a millóns de mulleres en todo o mundo. En concreto, a compañía busca que o público desenvolva “unha conciencia crítica e cuestione a realidade que o envolve para poder así transformala”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.