Corenta nadadores de seis nacionalidades asumirán mañá o reto de ArousaMan

26 Xullo 2019

20190726. Un total de corenta nadadores, 33 homes e 7 mulleres, van afrontar mañá sábado 27 o reto ArousaMan, travesía a nado entre O Grove e Ribeira que cumpre a súa terceira edición co obxectivo de visualizar o dano cerebral adquirido (DCA).

Participantes de Cuba, Italia, Portugal, Inglaterra, Italia e, dentro de España, de País Vasco, Asturias, Andalucía, Valencia, Madrid, Galicia e Castela e León, sairán desde O Grove, distribuídos en tres grupos ás 09.00, 09.30 e 10.00 horas. O obxectivo é cubrir os 13 quilómetros que separan ambas ribeiras a modo de metáfora das dificultades de convivir co DCA. Cómpre lembrar que esta iniciativa parte de Juan Ramón Martínez, cuxo irmán Manuel Martínez, ‘Manolo Nacho’, está aflito desta afectación.

Durante a proba, na auga haberá 100 persoas en total, entre nadadores (dos 40 participantes, 4 fan a travesía sen traxe de neopreno), patróns e kayakistas. A chegada á praia ribeirense de Coroso, á altura do centro de raqueta, está prevista para ao redor das 14.30 horas, se ben xa dende as 12.00 horas estará habilitado un dispositivo na propia area para difundir información e concienciar á sociedade sobre o DCA.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.