O Son dobra a súa capacidade para crear emprendemento

24 Agosto 2020

Porto do Son fixo balance do seu empuxe innovador e xerador de empresas, poñendo o foco na súa vertente como Concello Emprendedor, distintivo que acompaña o municipio dende hai agora dous anos. Segundo fixo saber a Consellería Economía, responsábel de conceder os ditos recoñecementos (33 na provincia da Coruña e 133 en toda a xeografía galega), Porto do Son foi quen de duplicar, no devandito período de tempo, a súa capacidade para xerar novas pemes.

Concretamente, xeráronse dende o remate do verán de 2018 un total de 17 empresas, unha cifra que representa o dobre das habilitadas no treito de tempo que abrangue de 2016 a 2018: un total de oito. Parte da responsabilidade destas cifras recae no Viveiro de Empresas locais (onde se ofrece formación innovadora, comunicacións, contactos e acubillo para as firmas que comecen a súa andaina) e máis no labor xerado polo Blog de Emprego de Porto do Son, un servizo en liña permanentemente actualizado (renovándose cada pouco con novas ofertas e propostas) que acadou dende a súa posta en marcha unha chea de visitas: máis de 2.000 ao mes.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.