Ay Carmela, Alma do Mar e Limay os gañadores da regata Cruceiro-Hotel Galatea

23 Agosto 2020

A segunda xornada da XXIV Regata Cruceiro – Hotel Galatea repite unha excelente climatoloxía para o broche final desta nova edición.

A pesar de que o Comité de Regatas viuse obrigado a realizar un aprazamento pola ausencia total de vento na Ría de Arousa á hora programada da saída, aos poucos o vento animouse e ás 13:30 realizouse a saída cunhas condicións inmellorables, un vento do 220 que foi rolando ata o 280 e unha intensidade entre os 8 e 12 de nós, que se mantiveron ao longo de toda a xornada.

Nesta ocasión realizouse un percorrido de 17,5 millas, con saída nas inmediacións do porto de Cabo de Cruz, en dirección á Ría de Pontevedra, respectando os baixos dos Esqueiros, respectar os baixos de Paxariñas, pasar o Camouco e dirixirse á chegada que se situou nas inmediacións do náutico de Portonovo.

Chegada da regata

Ao longo do percorrido e grazas ás excelente condicións producíronse diversas alternativas entre os primeiros de cada unha das clases, o que fixo que fose unha perfecta xornada para finalizar a tempada de cruceiros no C. N. de Portonovo.

Ás 19:00 horas, nas instalacións do CN Portonovo realízase a entrega de trofeos aos vencedores de cada unha das clases, un acto ao cal asisten o Presidente do Club Náutico de Portonovo, D. Javier Ruiz polo CN Portonovo, a Directora Xeral do Hotel Galatea, Dá. Laura Fernández e o propietario, D. José Luis Prieto.

Primeiros clasificados

Clasificacións

Grupo A Dos
1º Ay Carmela, del L.M. Bouzas, patroneado por D. Juan Martínez
2º Bon III, del R.C.N. Vigo, patroneado por D. Víctor Carrión
3º Youkoumkoun, del C.N. Portonovo, patroneado por D. Eduardo Segade
Grupo ORC
1º Alma do Mar, del C.M. La Penela, patroneado por D. Jose Mánuel
“Nito” Enríquez
2º Mar de Frades, del Ro Yachts Club y C.D. Alauga, patroneado por D.
Joaquín Carneiro
3º Sebrala 2, del R.C.N. Sanxenxo, patroneado por D. Magín Alfredo
Grupo Open
1º Limay, del C.N. Beluso, patroneado por D. José Luis Smyth.
2º Loreto, del C.N. Portonovo, patroneado por D. Juan Carlos Lázaro
3º Xaira, del C.N. Portonovo, patroneado por D. Pedro Garcia.

Mar de Frades

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.