Os comerciantes xestionarán directamente o portal Comerciorianxeiro.gal

20 Agosto 2020

Un intre da xuntanza mantida por Julián Bustelo cos comerciantes rianxeiros

A agrupación Rianxo en Común que coordina Julián Bustelo deu un novo e decisivo impulso á plataforma que o grupo cidadán en marcha durante a crise sanitaria, comerciorianxeiro.gal, co obxectivo de mitigar as graves consecuencias da pandemia e permitir ao sector produtivo seguir tendo un algo de actividade. O portal, centrado tamén en achegar á veciñanza información actualizada sobre os diferentes establecementos e servizos locais, foi obxecto (estes meses) de continuas melloras e ampliacións, con novas incorporacións de negocios (máis dun centenar) e con recursos extra para convertelo nunha ferramenta útil para cidadanía e comerciantes. Agora, a web, plenamente asentada, inicia unha nova fase en mans da agrupación de comerciantes Somos Rianxo, a quen a agrupación cedeu a xestión da plataforma para que “sexan os propios comerciantes os que a coordinen e manteñan directamente”.

Rianxo en Común tamén explica que “no seu día a plataforma foi posta a disposición do Goberno rianxeiro e de outras entidades do municipio, mais o noso ofrecemento non foi aceptado”.

A agrupación recoñeceu o interese mostrado por Somos Rianxo e os seus esforzos, nestes tempos de crise e pandemia, para “pór en marcha e desenvolver medidas para que o comercio local colla impulso e siga medrando”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.